Manuel José Díaz Vázquez naceu en Ferrol no ano 1960. Estudou Filosofía mentres desenvolvía a súa faceta literaria. Queixo fresco con marmelo foi a súa primeira novela, publicada tamén en castelán. Seguiu Ás vacas da señora Helena non lles gusta o pemento picante, que apareceu nos dous idiomas. Logo La calavera de Yorick, que foi finalista do premio La isla de las letras. Apuntamentos e memorias do peor estudante do mundo é o seu cuarto libro, editado xa en castelán, e que aquí se presenta en galego.
Tamén escribiu o compendio literario La ironía del afilalápices e foi participante da antoloxía Tic-tac, cuentos y poemas contra el tiempo.